Текстов песен в базе: 1 278 222
A Abordaxe Final

A Abordaxe Final

Ataque Escampe

Текст песни

Ultimamente penso
que nos collemos dos garfios,
que nos deixamos levar e o mar
fai o seu traballo.
O tiburón é unha especie
á que todo lle dá igual:
estamos no mundo para acabar
no ventre do animal.
Por que non falar de amor?
Hai glamour na morte,
agora xa quen o dubida.
Baixo os teus pés ten que crecer unha cidade
afundida.
Imaxina que bebemos unha última botella de ron:
estamos no mundo para acabar
convertidos en carbón.
Pero non me irei sen ti.
E as algas que nos crezan
nas órbitas dos ollos
farán chorar co paso
dos anos os biólogos.
Deixa que che pase
a lingua pola perna de pao:
estamos no mundo para acabar
tan lonxe do peirao,
na abordaxe final.
Tanta auga e verás
como ardemos para sempre.
Tanta auga e verás
como ardemos para sempre.
Tanta auga e verás
como ardemos para sempre.
Tanta auga e verás
como ardemos para sempre.
Поделиться ссылкой:
Короткая ссылка: https://tekstpesni.ru/s/6H7
© 2017–2025 Тексты песен
Все тексты песен на сайте размещены пользователями, редакцией или собраны из открытых источников.
При копировании материалов ссылка на сайт обязательна.
Связаться
Уважаемые обладатели прав на музыку! На сайте не выкладывается музыка, ее нельзя скачать, послушать и тому подобное.