Текстов песен в базе: 1 278 222
A Frol D'augoa

A Frol D'augoa

Luar Na Lubre

Текст песни

¿Onde vai nosa señora
Onde vai Santa María?
— Vai cara a banda do mar
Vai cara a manda da ría
¿Que dis a virxe, que dis
Que dis Santa María?
— ¿Cal será a meniña, cal
Que colla s frol d´augoa fria?
— Non será dama nen deuda
Que será a princesa Aldina
A princesa namorada
Filla do rei de Galicia
Tan feitiña e tan bonita
C´aqueles seus ollos craros
Do color d´augoa da ría
Soio ti, Aldina, serás
Quen leve a frol d´augoa fria
Erguete do leito, nena
Ven cara a banda do mar
Qu´anque ti veñas soiña
En compaña has de tornar
Erguete do leito, nena
Ven cara a banda da ría
Qu´anque ti soiña veñas
Tornarás en compañía
Na torre do real palacio
Anque inda está lonxe o día
Móvense os liños dun leito;
Algunha xente se erguía
¡é a princesa! ¡Deul-a garde!
Era a moi garrida Aldina
Que vai día de San Xoán
Catal-a frol d´augoa fria
Поделиться ссылкой:
Короткая ссылка: https://tekstpesni.ru/s/5Gt

Тексты других песен исполнителя

© 2017–2025 Тексты песен
Все тексты песен на сайте размещены пользователями, редакцией или собраны из открытых источников.
При копировании материалов ссылка на сайт обязательна.
Связаться
Уважаемые обладатели прав на музыку! На сайте не выкладывается музыка, ее нельзя скачать, послушать и тому подобное.