Текстов песен в базе: 1 278 222
OG

OG

Boyanka Kostova Dios Ke Te Crew

Текст песни

Son un OG…
Orixinal Galego…
Son un OG…
Orixinal Galego…
Son máis galego que o feísmo
Atrévome a dicir que ata máis que o caciquismo
Non te achegues por aquí se non queres ver muralismo
Porque son un OG…, avant garde dos que inventan ismos
«OGismo», este tema é o manifesto
Un emblema para que poida seguir o resto
Un sistema superchovinista, crema
Para que untes nesa autoestima tan enferma
Son máis galego que un cego de licor café
Que ir a misa un domingo ao saír ir a beber
Máis galego qu o «Xénese» de DKTC
Que o fondo azul cas gaivotas do PP
OG como un patrón con boina e con bastón
Que a túa avoa con gorro pesqueiro e mandilón
Andando como Fraga con paso vacilón
Se ves falando castrapo, os OG´s din, «así non»
XABIER «CAN DE PALLEIRO» MOUBIÑA:
Chegan os OG´s, denominación de orixe
Como a fariña do país, chegan os Big Pimps
Coma patróns, facendo lowrider en chimpíns
Matando peregríns con chanclas e calcetíns
Orixinal galaicos, coma movendo os marcos
Releando na feira, niso nunca fomos mancos…
Din que non se sabe se subimos ou baixamos
Perfecto, como nos gusta facervos parvos
JAMIRO «MOLLADAS» DE SANTA:
Son máis galego que un polbo nunha palleira
Ou que un polbo á feira sobre un prato de madeira
Ou que unha bañeira nunha leira de bebedoiro
Ou que ter morriña primeiro e logo xenreira…
Son tan galego que se subo, subo para arriba
Se non hai fallo baixo abaixo máis ancho que un rancho;
A cooperativa OG non ten despacho, temos sede…
Sede de beber nalgún furancho
OG…
Orixinal Galego…
Son OG…
Orixinal Galego…
ROMAN CICIĈ:
Son un OG…
De Ordes a Santiago cheira a Dios o que lle botas ao piti…
Da igrexa ao ximnasio vou pensando en botarche un quiqui…
Se nos xuntamos pasan cousas que non pasan porque son un OG…
Un OG…
IVAYLO:
Calidade no sangue e na carne como a tenreira
Os OG´s están na taberna co licor de herbas
Vella escola, botando esterco e pisando bosta
Nova escola, crense gangstas e son de Santa Comba
Orixinal galego como os guiris en Santiago
Como ir limpar o monte ao teu terreo privado
Rimando con frases célebres e memorables
Como M. Rajoy no Congreso dos Diputados
SONNY SOCRETT:
Máis galego que un somier exercendo de cancela…
OG, ti gasta as pelas no Leroy Merlín;
Máis galego que a diglosia, esa mesma
Pola que te mereces con creces esta boa hostia…
Máis que un ultramarinos-café bar
Ferretería-concesionario no mesmo pack
E máis, que o Miño que o Sil, que o Sar e que o Cabrón
Máis que Murdock, Jamas, Cibrán, Chicho e o Mourón…
XABIER «CAN DE PALLEIRO» MOUBIÑA:
Máis galego que a Operación Nécora
Máis que o mal de ollo, non me mires, mala pécora
Typical galician como o lacón con grelos
Colgados e afumados, recheos coma botelos
Vai por ghocevellos, ti oes visións…
Máximo expoñente como o bocadillo de rixóns
OG´s como o Albariño, o Godello, o Ribeiro
Pura sangue da filloa, son puro can de palleiro
JAMIRO «MOLLADAS» DE SANTA:
Orixinal, sen data de caducidade
Dálle reprís, Sebastián, lárgalle bits sen piedade
Os OG´s rimamos inda que ninguén escoite
Disque os vagalumes brillamos na noite…
Costumes; como facer dun galpón un casoplón
En ben menos do que tarda en cantar un galo
Só pura sorte? Estás equivocado
Se a brúxula sinala o Norte será por algo…
OG…
Orixinal Galego…
Son un OG…
Orixinal Galego…
Поделиться ссылкой:
Короткая ссылка: https://tekstpesni.ru/s/68eV

Тексты других песен исполнителя

© 2017–2025 Тексты песен
Все тексты песен на сайте размещены пользователями, редакцией или собраны из открытых источников.
При копировании материалов ссылка на сайт обязательна.
Связаться
Уважаемые обладатели прав на музыку! На сайте не выкладывается музыка, ее нельзя скачать, послушать и тому подобное.