Текстов песен в базе: 1 278 232
Romance de Bernaldino e Sabeliña

Romance de Bernaldino e Sabeliña

Luar Na Lubre

Текст песни

Polo mundo me vou, madre
Polo mundo a camiñar (e)
En busca de Bernaldino
Que no o podo atopar (e)
E se foi de terra en terra
E de lugar en lugar (e)
Topou unha lavandeira
Lavando nun areale
-De Bernaldino señora
Que novas me pode dar (e)?
-Bernaldino, é da reina
O paxeciño galan (e)
Ao decir estas palabras
Bernaldino a porta sae
-Quen te trouxo aquí Sabela
Quen te trouxo a este lugar (e)?
-Teus amores Bernaldino
Por aquí me fan andar (e)
Colleronse polo brazo
Puxeronse a pasear (e)
En canto os vira a raiña
Aos dous mandara matar (e)
A ella enterrana no coro
Enterrano no altar (e)
Dela naceu unha fonte
E del un verde olivar (e);
Tanto crecen un e outro
Que aos ceos foron chegar
Cando os ventos sopran mainos
Os dous se queren falar (e)
Cando os ventos sopran recios
Os dous se queren bicar (e)
Поделиться ссылкой:
Короткая ссылка: https://tekstpesni.ru/s/3QE8

Тексты других песен исполнителя

© 2017–2025 Тексты песен
Все тексты песен на сайте размещены пользователями, редакцией или собраны из открытых источников.
При копировании материалов ссылка на сайт обязательна.
Связаться
Уважаемые обладатели прав на музыку! На сайте не выкладывается музыка, ее нельзя скачать, послушать и тому подобное.